Jack Andraka inventa un sensor para detectar o cancro.

Jack Andraka,estadounidense de 16 anos, inventou un sensor que facilita a detección do cáncer de páncreas, pulmón e ovarios.

Aos 13 anos perde por mor dun cancro ao seu tío, motivo que o levou á búsqueda dun detector desta enfermidade, alegando que, a pesares das dificultades que lle supuña a investigación, un invento como o seu podería salvar preto de 400 vidas ao día.

En numerosas entrevistas denuncia a “aristocracia científica”, posto que o campo da investigación parece estar reservado a xente con poder adquisitivo, xa que elementos básicos que axudan á adquisición de coñecementos, como artigos, posuen un precio medio de 35 dólares (26 euros, apróx.). Ademáis, para conseguir axuda dalgún centro de investigacións, tivo que mandar de 200 correos, cun procedemento de laboratorio de 32 cuartillas adxuntado, recibindo 199 respostas negativas e só unha que lle brindaba axuda:  a do Dr. Anirban Maitra, profesor de Patoloxía, Oncoloxía e Inxeñeiro químico e biomolecular na “Johns Hopkins School of Medicine”. Isto demostra a falta de apoio a novas ideas e investigadores.

Jack utilizou un verán enteiro, no que estudou máis de 8 mil proteínas presentes no torrente sanguíneo, sempre axudado por información obtida de Google e Wikipedia, ata descubrir que unha delas, a mesotelina, se dispara nas persoas nas que se empeza a manifestar o cáncer de páncreas. O seu método baséase na detección desta proteína a partir de anticorpos entretexidos nunha rede de nanotubos de carbono, obtendo un marcador que só reacciona ante dita proteina. Así o diagnóstico, tipo varilla, é moi semellante ao usado na diabetes. Este test mide o nivel de mesotelina en sangre ou ouriño, podendo detectar se o paciente ten cancro pancreático en etapa temprana, cunha posibilidade de acerto do 90%.

O máis sorprendente é que este método, 168 veces máis rápido (5 minutos) e 400 veces máis sensible que o actual, costa tan só 3 céntimos de dólar, ademáis de non ser invasivo.

Con esta investigación obtivo o primero premio da “Feria Internacional de Ciencia e Tecnoloxía do 2012” da Intel, recoñecido co premio Gordon E. Moore (co-fundador da Intel), que ascende a 75 mil dólares (55.438’17 euros).

Este método pode estar finalizado e comenzar a comercializarse entre 5 e 10 anos, en EEUU.

FONTES:

Esta entrada foi publicada en A Ciencia, Novas, Saúde e calidade de vida e etiquetada . Garda o enlace permanente.