A primeira muller astronauta.

Valentina Vladímirovna Tereshkova (6 de marzo de 1937), o 16 de xuño de 1968, con 26 anos, convertéuse na primeira muller en viaxar ao espazo, a bordo do Vostok 6. O nome en clave usado para a misión foi “Chaika” (gaivota), apelativo cariñoso que logo se usaría para referirse a ela.

Tereshkova naceu na antiga URSS, e tras abandona-la escola, traballou nunha fábrica de neumáticos, para posteriormente estudar enxeñería. En 1962 foi seleccionada para o ingreso no corpo femenino de cosmonautas, na que foi seleccionada entre máis de catrocentas candidatas para ir ó espazo, xunto con Tatiana Kuznetspva, Irina Soloviova, Zhana Yérkina e Valentina Ponomariova, das cales ninguha viaxou ao espazo.

A súa misión espacial foi realizada en 1968, tan só 7 anos despois de que o primeiro home viaxara ó espazo, Yuri Gagarin, do que corrían rumores de que estaba terriblemente namoroda. Durou 70 horas e 50 minutos, durante os cales orbitou a Terra 48 veces.

O obxectivo deste lanzamento era comprobar se a muller tiña a suficiente capacidade física e psicolóxica para superar o viaxe ao espacio. Como curiosidade, a principal dificultade que tivo que afrontar Valentina foi o seu vértigo.A pesares de que estaba previsto que tomara o control da nave, non lle foi permitido.

A segunda muller en viaxar ao espazo sería Svetlana Savítskaya, moscovita, en 1982. Os EEUU non mandarían ningunha muller ao espazo ata 1983, Sally Ride.

Recibíu numerosos premios, como dúas “Ordes de Lenin”, medalla como “Héroe da URSS”, etc. Ademáis de  distincións nos doctorados “Honoris causa” e medallas científicas.

Tivo unha importe vida política, pois foi membra do Soviet Supremo, formando parte do Presidium deste, ademáis de ter pertencido ao Comité Central do PCUS.

Un dato interesante sobre a súa vida é o interés que suscitou o nacemento da súa filla Elena, agora doutora en medicina, por ser filla de dúas persoas que estiveran no espacio (Valentina e Andrián Nikoláyev). Este interes foi perdido ao comprobar que a nena era completamente normal.

Tereshkova segue viva, ocupando actualmente un posto de Deputada no Duma Estatal Ruso.

FONTES:

Esta entrada foi publicada en A Ciencia, Artigos, O universo e etiquetada . Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta