Alumnado do IES David Buján premiado na competición Virtual Science Hub 2013

A plataforma de recursos de ciencia “Virtual Science Hub” (ViSH), organizou unha competición para premiar as experiencias mais atractivas subidas ao seu portal. Á devandita competición presentáronse centros de ensino, investigación e divulgación de toda Europa. Segundo os organizadores, os avaliadores seguiron o estandar LORI (Learning Object Review Instrument) e as e-Excursions ou Excursións virtuais acadaron un elevado nivel en canto a contidos e forma. (http://vishub.org/contest)

Os alumnos de 2º de Bacharelato da materia de Xeoloxía do IES David Buján, obtiveron o primeiro premio absoluto e o primeiro premio na categoría de Estudos medioambientais ca súa e-Excursion “Guía de identificación de minerais mediante códigos QR”.

Unha representación de alumnos recollerá o premio en Bruxelas a finais do mes de xaneiro de 2014. Parabéns aos premiados!

Esta entrada foi publicada en Novas. Garda o enlace permanente.