Descuberta nova especie de medusa.

A principios de febreiro foi achada no Sur da illa de Tasmania (Australia) unha especie, ata o momento descoñecida, de medusa xigante. O exemplar, atopado por uns paseantes, medía 1’5 metros.

Esta medusa é venenosa, pero non mortal. Xa fora vista en outras ocasións, pero aínda non foi clasificada: actualmente, a Commonwealth Scientific and Industrial Research Organisation (CSIRO) está traballando no estudo de dito animal.

Crese que se trata dunha nova especie de medusa león (Cyanea capillata), que poden chegar a medir 2 metros de diámetro. Estas atópanse nos océanos Ártico, Atlántico e Pacífico a profundidades cercanas aos 20 metros.

Nos últimos anos a aparición das medusas na illa de Tasmania e alrededores é alarmante, e os científicos analizan este feito.

Imaxe optida a partir de: http://www.lavanguardia.com/natural/20140207/54400928393/nueva-especie-medusa-gigante-australia.html

 

FONTES:

  • http://www.lavanguardia.com/natural/20140207/54400928393/nueva-especie-medusa-gigante-australia.html
  • http://www.elimparcial.com/EdicionEnLinea/Notas/CienciayTecnologia/12022014/807803-Descubren-nueva-especie-de-medusa.html
Esta entrada foi publicada en Artigos, Imaxes, Novas. Garda o enlace permanente.