A Misión Kepler da NASA descubre 715 exoplanetas novos.

Antes de nada, aclarar o termo “exoplaneta”, que se refire a calquera planeta que orbite unha estrela distinta do Sol.

Obtida de "I Fucking Love Science"

A misión espacial Kepler ten un propósito concreto dentro do Programa Discovery: detectar planetas terrestres (rocosos e de tamaño da Terra, que xiren ao redor de estrelas).

Para comprobar que o descuberto era verdade, Jack Lissaeur (codirector do equipo de investigación), no Centro de Investigación de Ames da NASA en Moffett Field (California, EEUU), usou a “verificación pola multiplicidade”, baseada na lóxica da probabilidade: se o Kepler observou 150.000 estrelas (dos que se levan estudado 1200 sistemas, apróx.), entre as que podían oribitar candidatos a planetas, conseguiu asegurar a cifra de 715 exoplanetas. A maioría das veces se atopaban máis de un corpo destas características xirando ao redor dun sistema, cousa que tradicionalmente se pensaba que era, como mínimo, moi rara.

Só catro destes corpos celestes eran menos de 2’5 veces do tamaño da Terra (e dicir, dunhas proporciones relativamente semellantes), e orbitaban nunha zona habitable do seu Sol. Un deses planetas (Kepler-296f) é moi semellante ao noso, pero non se sabe se é gaseoso cunha envoltura de H e He espesa ou se está rodeada dun océano profundo.

Estes descubrimentos son importantes, non para pensamentos de ciencia ficción, como “mudarnos a outro planeta”, se non para poder estudiar ditos corpos de forma individual e aprender sobre a súa formación, ademáis de que xa axudaron a confirmar que existe “multiplanetarismo” nos sistemas. Así, o feito de comprobar que o que se observa no resto do espacio corresponde co que se leva vendo no Sistema solar séculos, axuda a aumentar a confianza de que se vai polo “camiño correcto”, e que o que sabemos pode corresponderse coa realidade.

Obtida de "I fucking love Science"

Número de planetas descubertos gracias á misión Kepler.

FONTES:

  • http://www.nasa.gov/centers/ames/spanish/research/exploringtheuniverse/exploringtheuniverse-kepler.html
  • http://www.iflscience.com/space/nasas-kepler-mission-announced-715-new-exoplanets
  • http://www.tribunaavila.com/noticias/la-mision-kepler-de-la-nasa-descubre-715-nuevos-planetas-muchos-de-ellos-similares-a-la-tierra/1393589436
Esta entrada foi publicada en A Ciencia, Artigos, Novas, O universo. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta