Recentemento, un equipo de investigadores do “Instituto Karolinska” (Suecia), liderado por Paolo Macchiarini, logrou implantar un esófago bioartificial a unhas ratas. Isto conseguírono mediante a extración de un tipo de células nai óseas (mesenquimatosas) do propio animal que recibiría o transplante, que posteriormente usarían para a reconstrución de dito órgano.
Este traballo foi publicado na revista “Nature Communications“, onde reseñaron a capacidade do órgano de, para seguir sendo funcional, rexenerar as conexións nerviosas, musculares, de vasos sanguineos e células epiteliais.
O equipo sueco manteu vixiados aos roedores, que ao principio permanecían inmóbiles, sen mostrar sinais de dor, deterioro da saúde ou rechazo do transplante. Máis tarde poideron observar o crecemento de vasos sanguíneos e fibras musculares na zona circundante ao inxerto, o que constitúe un sinal de éxito.
Sin embargo este estudio conta con limitacións, pois tras tres semanas dende o transplante só se reemplazara o 20 % do órgano por texido novo, o que normalmente sería insuficiente para unha práctica clínica.
De todos xeitos, este é o camiño para poder realizar traballos semellantes en animais maiores, sendo un gran paso no desarrollo da bioenxeñería e no tratamento de problemas de esófago, de cura tan problemática hoxe en día.

Epitelio que recobre o novo esófago tras dúas semanas de rexeneración.
Fontes:
- http://www.tendencias21.net/Sustituyen-parte-del-esofago-de-ratas-por-un-injerto-artificial_a32972.html
- http://www.abc.es/salud/noticias/20140415/abci-esofago-artficial-trasplante-ratas-201404151428.html
- http://www.iflscience.com/health-and-medicine/lab-grown-esophagus-implanted-rat