Crean un plástico que se autorexenera.

Investigadores da Universidade de Illinois, na Urbana-Champaign (UIUC), explican na revista Science como desenvolveron un novo material polimérico capaz de “curarse” de grandes danos, todo isto baseándose no sistema circulatorio dos seres vivos.

Imaxe sacada de: http://www.abc.es/ciencia/20140509/abci-crean-plastico-capaz-repararse-201405091407.html

 

Dende hai seis anos se levan investigado este tipo de materiais. Non obstante, esta é a primeira vez que se arreglan repetidas veces sen intervención externa (e con danos de maior calibre que fendas microscópicas).

Xa se comentou que dito plástico se baseaba no sistema circulatorio dos seres vivos: imita a forma na que a pel humana se rexenera tras un corte, grazas á densa rede de vasos sanguíneos que corren pola súa capa interna. Da mesma forma que a pel posúe estes capilares, o material consta dunha capa de “polímero epoxi”, depositada sobre unha rede de diminutas partículas catalizadores, que constrúen canles que enchen con axente curativo. Este axente curativo, no caso de que a rotura chegue ao catalizador, se convertirá en polímero, enchendo a fenda.

Ata o momento, os investigadores conseguiron romper e reparar a superficie sete veces, ata que o a cantidade de catalizador diminuíu demasuado para poder seguir actuando. Deste xeito, sinalan que poderán crear mellores e máis resistentes materiais engadindo unha “pequena reserva” do axente.

É evidente a importancia deste mateiral, tendo en conta a súa posible aplicación futura no campo médico, aeronáutico, automobilístico… .

FONTES:

  • https://esnol.wordpress.com/2014/05/09/crean-un-plastico-que-se-repara-solo-sin-dejar-huella-del-dano/
  • http://www.abc.es/ciencia/20140509/abci-crean-plastico-capaz-repararse-201405091407.html
  • http://avances-nanotecnologia.euroresidentes.com/2007/06/plstico-auto-reparable.html
Esta entrada foi publicada en A Ciencia, Novas. Garda o enlace permanente.