O IES David Buján acada o 2º premio no concurso cocacoleando

O 27 de maio  entregáronse os premios aos integrantes dos equipos gañadores do concurso Cocacoleando, que se celebrou o pasado 10 de maio co gallo do “XIX Día da Ciencia na Rúa” e na que participaron 21 parellas de alumnos de distintos centros educativos da comarca. O concurso consiste nunha  xincana na que os participantes deberán resolver unhas determinadas  probas percorrendo os  museos científicos e algunhas rúas da cidade da Coruña, así como elaborar un traballo sobre un tema científico.

O traballo presentado polos alumnos Brais Raso e Eulalia Martínez de 1º de bacharelato A foi merecedor do segundo premio, dotado dun libro electrónico para cada un.

Noraboa aos premiados!

Esta entrada foi publicada en Novas. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta