O bolígrafo Scribble está combinado cun sensor RGB, que permite copiar case calquera cor visible (ata 16 millóns distintas) e utilizar o pigmento adecuado para imitalo, gracias ós cinco cartuchos de tinta que posúe.
O escaner, situado na parte superior do bolígrafo, activa no seu interior un mecanismo eléctrico mediante o cal ten lugar unha combinación de tintas, para imitar a cor apuntada. Ao tempo que fai isto, garda na súa memoria (de 1GB) dito tono, sendo capaz de almacenar ata 100000 distintos. Todas estas cores poden controlarse a través dun cable microUSB, cun Smartphone ou coa axuda do Bluetooth.
Funciona con unha batería recargable composta de ións de litio e pesa aproximadamente 39 gramos, o que lle confire un cómodo manexo.
Custará entre 149,95 e 79.95 $, dependendo do modelo, pois pensan sacar dous tipos distintos: un para escribir sobre papel e outro para utilizar baixo soporte informático (que debería ter unha punta de caucho), é dicir, para debuxar, pintar… a ordenador. Actualmente a compañía que os quere realizar puxo en marcha unha campaña en Kickstarter para recaudar fondos para a súa fabricación.

Estructura do Scribble.
FONTES:
- http://www.iflscience.com/technology/pen-lets-you-draw-any-color-world
- http://www.omicrono.com/2014/06/un-boligrafo-que-pinta-en-cualquier-color-que-encontremos/