Alumnas do David Buján premiadas en Galiciencia

O proxecto de Olalla Álvarez, Sara González e Alicia González, alumnas de 1º de Bacharelato do IES David Buján, foi o gañador na categoría de Bacharelato, do concurso Galiciencia 2014. Estas estudantes deseñaron un sistema que alerta aos propietarios de instrumentos musicais, mediante sons e luces led, cando as condicións de temperatura ou humidade poden causar danos nos instrumentos. Noraboa!!

O noso Centro foi o único da comarca en participar nesta feira científica galega, e levamos catro proxectos de diferentes niveis educativos. Noa Viñas, Uxía Blanco e Marta Paz de 2º de ESO investigaron se comer chicle aumenta a concentración nos exames, Ester Criado, Nuria Reborido e Andrea Vázquez de 3º ESO estudaron se o perfume ule igual para todo o mundo e Sara Criado e Alberto Suárez de 4º ESO mediron os niveis de ruído nas nosas aulas, comprobando que moitas veces superamos o aconsellable para a nosa saúde… así que xa sabedes, a ser máis silenciosos!

Esta entrada foi publicada en Novas. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta